I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA BAIO

I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA BAIO

PROXECTO INTERDISCIPLINAR

O I.E.S. Maximino Romero de Lema de Baio davos a benvida e agradécevos a visualización dos traballos feitos dende a Biblioteca Escolar do Centro.

viernes, 27 de noviembre de 2009

CURSO 2.008/2.009 - - A ROMANIZACIÓN

UNIDADE DIDÁCTICA


A ROMANIZACIÓN



I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA



1º E.S.O. - - CURSO 2.008/2.009

Esta non é un xeito moi convencional de comezar unha presentación, pero facémolo así para que vexades o resultado final do noso traballo. Logo de traballar durante todo un curso, o resultado final foi o que expoñemos de seguido. Tamén, dicir, que fixemos un caderno de traballo para o profesorado e un caderno de actividades para o alumnado. Se de verdade che interesa o traballo desenvolto polos alumn@s mira ata o final... seguro que non o lamentás...








DESENVOLVEMENTO DA UNIDADE DIDÁCTICA


I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA - BAIO

PROXECTO INTERDISCIPLINAR
CURSO 2.008/2.009
1º E.S.O. A
“A ROMANIZACIÓN”
Traballo de investigación en equipo arredor dun eixe temático.
O alumnado terá que:
Ir buscando a información, analizando, seleccionando e compartindo
Desenvolver as súas capacidades para aprender a aprender
Aumentar o seu grao de autonomía
Achegamento do alumnado a un modo de traballar metódico que lle permita aplicar os
procedementos e habilidades aprendidas, favorecendo a curiosidade e o interese
para construír un coñecemento global a partir dos diversos puntos de vista disciplinares.
Para facilitar o tránsito do ensino primario ao secundario.


DESENVOLVEMENTO:
No primeiro ano da educación secundaria obrigatoria
Durante todo o curso académico, cunha hora de adicación semanal
Traballo trimestral: estudo, traballo plástico e tecnolóxico, debuxo e pintura.


CONSECUENCIAS:
Educación documental do alumnado:
Dirixida a desenvolver habilidades de uso da información, consultando fontes documentais diversas, en soportes e formatos diferentes, e que estarán a disposición do alumnado na biblioteca escolar do centro


FASES:

1.- Planificación
Identificación de obxectivos e de metas Posibilidades, limitacións…
Deseño do contido
Descrición das fases e pasos a seguir Establecemento de prazos: cronograma. Previsión de actividades: lecturas, recollida de datos, entrevistas, etc
2.- Desenvolvemento
Busca e tratamento da información:
Ferramentas de traballo.
Elección e aplicación de fontes, técnicas, modelos e recursos adecuados e variados adaptados aos obxectivos.
Técnicas que favorecen a adquisición, interpretación e transmisión da información.
Cadros, mapas, gráficos, datos estatísticos, elementos audiovisuais… Interpretación e conversión de linguaxes escritas e gráficas. Aplicación ao traballo previsto.
Obtención de información a partir do intercambio de experiencias e do traballo cooperativo alumno-profesor e entre iguais
3.- Presentación do proxecto
Elaboración dun borrador.
Expresión oral, escrita e en soporte informático
Características do texto falado e do escrito. Convencións básicas e trazos formais (índices, apéndices, citas, bibliografía…)
Organización e desenvolvemento xerárquico da información. Cohesión e coherencia. Presentación de hipóteses de traballo, desenvolvemento e comunicación de conclusións
Aplicación dos recursos máis adecuados para comunicar o traballo realizado.
Posibilidades das TIC


AVALIACIÓN DO PROXECTO:
Avaliaranse tanto o proceso coma o produto final
Terase en conta a autoavaliación do alumnado
Terá como referente a contribución á consecución das competencias básicas, facendo fincapé nos seguintes aspectos:
competencia en comunicación lingüística
competencia dixital
competencia para aprender a aprender
competencia en resolución de problemas
competencia en habilidades sociais e autonomía


ASPECTOS AVALIABLES:
A adecuación aos obxectivos, prazos e fases
A capacidade de síntese, de análise das dificultades, a valoración crítica e a achega persoal
A estrutura adecuada do traballo proposto
Xustificación, descrición do proxecto, explicación dos resultados, elaboración de conclusións
Adecuación e variedade de fontes e de recursos, incluídas as TIC, no desenvolvemento do proxecto, na realización escrita e na presentación oral


COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS:
Buscando información
Interpretándoa
Seleccionándoa
Confrontando diversas informacións
Resumindo
Comunicando


COMPETENCIA DIXITAL:
Buscando información
Seleccionándoa
Resumindo
Comunicando


COMPETENCIAS PARA APRENDER A APRENDER:
Analizando o que se sabe e como se aprende
Coñecendo as propias capacidades
Buscando estratexias para avanzar
Aprendendo a solucionar problemas


COMPETENCIAS DA SÚA PROPIA AUTONOMÍA:
Propoñendo
Relacionando
Analizando
Solucionando problemas
Decidindo


COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ:
Buscando, analizando, propoñendo, decidindo…
Respectando aos demais
Escoitando as distintas opinións
Argumentando as propias


Comeza o PROXECTO



O que fixemos no primeiro trimestre foi a busca da información que nos ía permitir facer unha UNIDADE DIDÁCTICA que abarcara todos os campos que iamos traballar durante todo un curso (2.008/2.009). Para conseguir este propósito o que fixemos foi, empregando aqueles lugares nos que nos podiamos facer coa información axeitada: biblioteca escolar, sala de informática e a propia aula, buscar información respecto da ROMANIZACIÓN. Todos os datos que fomos xuntando, seleccionámolos pois non todo é trascendental para os alumn@s de 1º da E.S.O.






Ao mesmo tempo, os alumnos que se fixeron cargo dos debuxos, aos que nomeamos os "nosos debuxantes" íanse encargando de elaborar os debuxos que ían ser a base do traballo, pois a idea era escaneado dos debuxos, cun programa informático poñerlle texto enriba, axeitando os debuxos aos textos... e o resultado foi unha unidade didáctica que entregariamos aos pais dos alumnos participantes aos que invitariamos ao acto que se celebraría na Biblioteca escolar para presentar o noso traballo.



ESTE É DAVID

ESTA É MONTSE

ESTA É NOELIA

OS NOSOS DEBUXANTES


O COMEZO

Creamos, no noso INSTITUTO, o "OBRADOIRO DE CASCOS".
Empregamos a aula de PLÁSTICA pois alí tiñamos todo o necesario... refírome a un lavadeiro, auga e secadoiro... ao sol das fiestras abertas...


1º PASO


Imos facer os cascos dos romanos... para comezar ieso e habilidade manual... OLLADE!!! para os que máis se manchan... eles serán os que triunfen.

















A feitura é moi importante... quizais fundamental. Traballamos con moita ansia pero, facémolo amodiño para que o que se fai saia o mellor posible... non vos parece? A laboura de pintar non che é doada... Ollade con que esmero a Lucía lle dá unha man de pinturiña ao seu casco...

Dá gusto vela tan concentradiña no seu que ata parece que é unha verdadeira profesional...


Ao mesmo tempo que faciamos os cascos, puxémonos a construír os recubrimentos que os cascos tiñan no seu arredor para cubrir o rostro. Para conseguilo trouxemos un sinfín de "bricks" de leite, lavámolos, limpámolos, secámolos e finalmente, cunhas plantillas feitas a medida, fixemos eses recubrimentos a modo de antifaces.











Ollade que ben lle quedaban aos nos@s alumn@s... primeiro había que ter uns "coelliños de Indias" para ver o resultado... Este é o noso obradoiro de cascos... que de tempo botamos nel, pero consideramos que valeu a pena... A TI QUE CHE PARECE???????????????

















E o resultado final de todo o noso traballo, no "obradoiro de cascos", no segundo trimestre foi o seguinte:




Que vos parece... a que lle vedes un xeitiño!!!!!!!!!

2º PASO

Imos facer os traxes dos romanos... para comezar cartolina, pegamento, papel de cores, a poder ser brillantes, pegamento, cartón, tesoiras, desparafusadores e parafusos. Tamén empregamos unhas táboas, serras, e parafusos e aquí si que sobre todo habilidade manual pero, coidadiño coas mans, non nos vaiamos cortar... Ata tivemos xefa de obra e operarios fieis ao que se lles dicía... ás veces.



Esta é a nosa montaxe... e así todos os días: a montaxe e a desmontaxe de toda unha infraestrutura de traballo, era o noso obradoiro de artesanía "romana" foi o xerme da configuración da ROMANIZACIÓN...

Ao principio os alumn@s fixéronse con abundancia de caixas de cartón que recortamos en láminas para facer as estruturas dos traxes romanos... Unha vez recortado o cartón, o seguinte é enchelo de pegamento para poder unirlle os papeis de cores para "disfrazar" o cartón.



Ollade o resultado... o difícil foi facer as unións para que non se notaran moito. Pero, para facelo contamos coa inestimable colaboración dos nosos "bordeleiros maiores do reino" ADRIÁN e MONTSE que, a medida que os seus compañeiros remataban de pegar o papel de cores aos cartóns, ían facéndose cargo das láminas e recortaban e facían as esquinas e os bordes o máis axeitadiños posible:
ADRIÁN E MONTSE



Comenza a laboura de afiar o ollo... imos poñerllelos parafusos aos traxes para que as unións sexan doadas de facer e non se nos desencaixen os traxes... non vaia ser o demo que se nos desconxunten cando presentemos o noso proxecto en "sociedade".

OS PARAFUSADORES
LUCÍA BOUZAS, NEREA, LINDA, ZAIRA, GORETTI, NATALIA, DAVID




COLOCAMOS OS PARAFUSOS



Ahí vos deixamos exemplos da "atención", "coidado" e "afinamento" co que os alumn@s colocaron cada parafuso no seu sitio que correspondente.


REMATAMOS!!!!!!!!!!!


Como remate final, velahí os resultados. Ata decidimos que, como no n tiñamos donde poñelos, os situamos nas esquinas da aula, como eran catro, a conta saiu redonda...
TRABALLO CO CARTÓN E A CARTOLINA

3º PASO

Sacamos de INTERNET fotos de romanos, cos seus escudos correspondentes, vimos algún trailer de películas de romanos e fixémonos unha idea do que eran os escudos romanos e elaboramos outros catro escudos, tantos coma traxes romanos fixéramos...




4º PASO

Como remate ao terceiro trimestre, adicámonos á facer os mapas desde que os tempos anteriores ao dominio romano ata que estes se fan co control e dominio de toa a Península Ibérica, rematando naquela primeira GALLAECIA coñecida.

Para a elaboración dos mapas cada alumn@ trouxo unha madeira cadrada de 30 x 30 cm. e, sobre un mapa da Península Ibérica, que utilizamos como plantilla, fixemos cada un o seu mapa, co que ao final do proxecto nos atopamos con 10 mapas que abranguen a conquista romana desde que estes fan a súa chegada á Península Ibérica ata a súa conquista total.


Empregamos pinceis e temperas ademáis de rotuladores, e o resultado o que vedes nestas imaxes.




Calcamos, copiamos, distribuimos e pintamos... saíron auténticas obras de arte que cedemos ao Instituto para colgalas polas paredes adiante...




Este é o resultado final... grande gama de cores e, sobre todo, cores que chamen a atención, non vaia ser que pasen os mapas desapercibidos... non é a cuestión.


SÉCULOS V ao III a. C.

AS CONQUISTAS ROMANAS

SÉCULO III a.C.
SÉCULO II a. C.
SÉCULOS II e I a.C.
ANO 27 a. C. DIVISIÓN DE AUGUSTO

SÉCULO I d. C.
SÉCULO III d. C.

SÉCULO IV d.C.


PRESENTACIÓN DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR

I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA - BAIO

O día 22 de Decembro do 2.009, como tiñamos previsto fixémola presentación do noso proxecto interdisciplinar. Para esta presentación apoiáronnos os nosos amigos e amigas, coñecidos e familiares que tiveron a ben perder uns minutos connosco para arrouparnos nesta presentación. Dárllelas GRAZAS a todos de parte daqueles que fixemos posible que esta labor chegase a bo porto; tamén dárllelas grazas a prensa que se fixo eco da nosa presentación. E como non hai nada mellor que a realidade para decatarvos de que ese arroupamento foi sincero, damos paso a presentación en vivo e en directo tal e como se desenvolveron os acontecementos.
O comezo foi... a presentación:
Aos mandos, a nosa presentadora GORETTI (trouxémola dun programa que hai no televexo... pero non me decato de cal...)

A PRESENTACIÓN





Elaboramos un cartel que fora ban chamativo para que destacase sobre a mesa desde a cal se ía facer a presentación. Estivemos pintando toda a tarde do luns 21 e case que non nos da tempo...

Diante do nerviosismo dos minutos anteriores os alumn@s dábanse ánimos uns aos outros. Este era o caso de David que nos ía deleitar coa súa guitarra e os seus compañeir@s non o querían deixar só nos ensaios previos...

Fixemos unha PRE_PRESENTACIÓN para ver si todos íamos ser capaces de representar os nosos papeis convenientemente...

Adrián, minutos antes, probaba os medios audiovisuais para ver que todo ía funcionar correctamente...

E... chegou o momento... aquí están os nosos protagonistas... todos ben formados, aínda que algo apretados... pero que lle imos facer... Eles son, de esquerda á dereita: ZAIRA, MONTSE, DAVID, NATALIA, NEREA, NOELIA, LUCÍA BOUZAS, LUCÍA CARRACEDO e GORETTI... aos mandos dos medios audiovisuais e fóra de cámara estaba ADRIÁN... faltounos LUCÍA por causas alleas a nós... está noutro colexio.

Comeza a chegar a xente... todo está por vir... que pasará????

Presentámolo BLOG (no buscador, escribimos: iesbaioproxectointerdisciplinar.blogspot.com)

Lembramos aos nosos "benefactores" pois grazas a eles poidemos facer todo este traballo e... quixemos recompensalos dalgún xeito que o lembraran... agasallámolos cuns MP4 dos máis modernos... eles o merecían pola colaboración desinteresada que tiveron connosco... GRAZAS... MARIÑA, LOURDES, ALEJO, KEVIN e PABLO:

Para ir rematando repatimos a UNIDADE DIDÁCTICA a todos os asistentes...

Len con moito entusiasmo... GUSTARALLES???

E, como remate, unha pequena degustación de doces de Nadal que puxemos na mesa para que á xente lle baixara mellor o sabor da nosa presentación...


GRAZAS a TODOS!!!









No hay comentarios: